↑ Volver a Inmunidad

KONBERSA BIRUS (galego)

Chat multilingüe. A epidemia do Covid-19 está a mudar a vida cotiá no mundo enteiro. Descobre que está a acontecer. Aprende e constrúe ligazóns interculturais.

Conversa con xente doutros paises e pescuda que está a pasar na súa cidade ou vila. ¿Hai moita xente afectada? ¿De qué xeito se lles atende? ¿Qué di a xente? ¿Qué medidas se teñen imposto? ¿De qué xeito se estuda ou traballa arestora? ¿De qué xeito sobreviven? ¿Cómo están os seus veciños, amizades e familiares? ¿Que lles preocupa?

Mozos e mozas entrevistan a persoas de todo o mundo arredor das súas vivencias Covid19 a traverso da aplicación que acorden, na lingua que partillen. As persoas a ser entrevistadas teñen experiencia multicultural, habelencias sociais, e ligazóns coa docencia ou/e a investigación.

Pódese organizar entre dous grupos ou clases: ou ben póñense en contacto e acordan un intercambio de experiencias arredor do Covid-19, ou ben preparan unha entrevista en liña dun grupo cara unha persoa.

Compromiso de difundir os achegas, de partillalos coas persoas entrevistadas e de aportar os recursos xerados a outras comunidades ou centros educativos.

+ GUIÓN DA ENTREVISTA KONBERSA BIRUS

+ CASTELLANO – FRANÇAIS – ENGLISH – EUSKARA – CATALÀ – ÁRABE – بالعربية – GALEGO

+ Contacto:  beatrizlalombriz@gmail.com